Xoaniña, reirrei, dime con quen casarei

Xoaniña, reirrei, dime con quen casarei

Ilustracións: Daniel Díaz
Ed. Sotelo Blanco Edicións.
Col.Sotelo Blanco infantil e xuvenil, 2014
78 pp.
ISBN: 978-84-7824-644-1

Escrita nun tempo que hoxe sinto tan afastado -a inverosímil saudade que nos provoca ese tempo que sentimos caducado- chega como impagable regalo de Reis da eficiente e audaz amiga Mari Carmen Romero, xerenta de Sotelo Blanco Edicións esta continuación do que foi o meu segundo  libro de literatura infantil As bolboretas douradas, que entón eran un soño incrible, a constatación de que a nosa fantasía compón mundos que gustan a outras persoas.

Non sei como falar deste Xoanińa reirei cando casarei que ve a luz neste recén inaugurado 2015, tanto tempo xa escrito… sinto que contárvolo é igual de absurdo que tratar de ordenar os xarróns de flores silvestres, porque revoltas forman a súa propia simetría, tal vez unha desexaría editar cronoloxicamente, por iso de superar etapas, tal vez ese desexo ten o mesmo de absurdo ca os xarróns de flores ordenadas, non sei, xulgádeo vós!

O libro contén, iso si, o meu deleite polos bosques e prados da infancia en Gracián, en Castroverde…