pinga-de-choiva

Pinga de choiva

Ilustrador: Daniel Díaz
Ed. Xerais.
Col. Merliño, 2009
Pp: 36
ISBN: 978-84-9782-976-2

Ao dragón Arco da Vella gústanlle moito as pingas de choiva, especialmente as que quedan, tímidas, no envés das follas despois de saír o sol.

Unha tarde de abril, Pinga Roseira saíu de compras e logo foi tomar un xeado coas amigas. Faláronlle do Arco da Vella, que cando as atravesa coa súa lanza de diamante fai as pingas brillar en mil cores. E contan que ao volver para a casa, el estaba agardándoa, disposto a bebela. Mais Pinga conseguiu refuxiarse na casa. Intentouno el despois disfrazado de mar, de río, de lago, de fonte ata que, cun disfrace de choiva e un paraugas de corazóns, logrou conquistala.

Entón ela deulle un bico de calor e, antes de que a bebese, agarrada a un raio de sol, debuxou no ceo un longo Arco da Vella. Ao vela, o dragón converteuse nunha pinga de orballo. Dende entón, Pinga e Dragón xogan a beberse ata que chega a noite.