nun-lugar-chamado-labirinto

Nun lugar chamado Labirinto

Ilustracións: Ramón Trigo
Ed. Tambre-Edelvives.
Col. Ala delta 2005
100 pp.
ISBN: 978-84-88681-38-6
White Ravens 2006

Marú ten sete anos e medio. Vive nunha casa no medio dun lago cos seus amigos o can Pachín, o gato Larpeiro, a vaca Rosalía, a rula Manola e o cuco Ramón. Ademais, ten a Axóuxere, un antigo espantallo convertido á vida da maxia ao coñecela, que só ante ela se materializa nun corpo. Vivían felices, ata aquel vintetrés de decembro. Pola noite,

Axóuxere levou a Marú á outra beira do lago e conseguiu que a lúa lle pousase unha estrela de sete bicos na fronte. Con ela conseguirá todo o que se propoña tendo fe en si mesma e nos seus soños…