Narradoras

Narradoras

VV.AA. Ed. Xerais. Xerais peto / Abismos, 2000
360 pp.
ISBN: 978-84-8302-585-7

Narradoras reúne relatos inéditos de 25 escritoras galegas. Narradoras quere ser o espello dun momento en que a poesía e a narrativa escrita por mulleres están a revelarse como unha aportación imprescindible na creación.

A colección Abismos, consciente deste significación, quere darse a coñecer ás lectoras e lectores ofrecéndolles un libro que, por primeira vez en Galicia, recolle nunha antoloxía o estado da narrativa galega escrita por mulleres.

Son, esencialmente, narradoras novas que, xunto con algunhas de recoñecida traxectoria, están a formar un corpus literario que, sen dúbida, marcará o futuro da literatura galega.