Eu tamen fun peliqueiro de Laza

Eu tamén fun peliqueiro de Laza

Ilustracións: Coquixo
Ed. Everest Galicia.
Punto de encontro 2000
196 pp.
ISBN: 978-84-403-0419-3

Nesta novela-crónica preséntasenos con moito detalle o entroido de Laza. Como se trata dunha festa tradicional de moito colorido e farra, Coquixo optou por mostrarnos unhas ilustracións moi realistas axeitadas ao texto.

Tomando como inspiración o entroido de Laza e a figura dos peliqueiros, tan coñecidos e admirados, descríbesenos cómo se vive nesta vila ourensá esta festa tradicional e ao mesmo tempo a vida, vestimenta, actividade… dos peliqueiros, e incluso cómo son considerados pola conciencia popular, sendo estes a alma mater da celebración.

No relato, Alberto, o protagonista, reivindica e defende o seu dereito a se dedicar á farándula, á diversión, á fantasía e á sabedoría popular, despois de herdar por convicción os saberes da súa avoa. Dáselle tamén importancia á transmisión dos costumes que van pasando de xeración en xeración e fan que a cultura dun pobo siga viva tanto no día a día coma na mente das persoas.