cos-petos-cheos-de-cinza

Cos petos cheos de cinza

Ilustracións: Suso Cubeiro
Ed. Everest Galicia.
Col. Montaña encantada, 1998
16 pp.
ISBN: 84-403-0389-0

Volume que inclúe sete relatos de carácter fantástico que se anticipan cun limiar no que coñecemos o trasgo don Guillerme Cara de prata e a Dorotea, unha sensible rapaza que serve como testemuña do que vai acontecendo e é partícipe de cada unha das historias.

Os textos teñen como trazo característico a presencia do mundo natural no que se desenvolven conflictos protagonizados por seres de lenda e diversos animais como Perico Picapiñeiro, a Serpe Amarela, Pedriño ou a Loba Balbina.

A nena Dorotea é o fío conductor de todos eles e mesmo en ocasións consegue resolver dificultades en que se atopan os diversos personaxes. Formalmente, a pesar de que o texto está escrito en prosa, é frecuente a incorporación de textos líricos que son postos en boca dos animaliños dos diferentes relatos.