Carrapeto

Carrapeto

Ilustrador: Juan Berrio
Ed. Macmillan. Col. Librosauro, 2009
Pp: 48
ISBN: 978-84-7942-432-9

Carrapeto era un cempés a quen as matemáticas non lle chistaban moito. Sempre se atrancaba nas multiplicacións e divisións porque era incapaz de aprender a táboa do nove.

Un día a profe ameazouno con cambialo para Primeiro B, o grupo dos alumnos que nunca facían as tarefas ou perdían o caderno, e onde ademais estaba Atila, que daba patadas a esgalla cos seus cen zapatóns de pel de gorila. Aterrado por esa posibilidade, toda a fin de semana repasou a táboa do nove…