camino-solitario

Camiño solitario

Ilustrador: Federico Fernández
Ed. Galaxia. Col. Árbore, 2006
Pax: 16
ISBN: 978-84-8288-958-0

Era un carreiro diminuto feito de reviravoltas que se perdían no bosque, mentres esperaba que regresase “aquel que un día o debuxara con aloumiños”, viu na súa soidade pasar o inverno con medo, a primavera co seu verdor, o verán que o amarelou e o outono coa súa música. Pero nin unha pedra que pousou nel nin a fonte que naceu nos seus brazos viran a “aquel…”. Tampouco o toxo. A herba empezou a cubrilo. Estaba a piques de morrer.

De súpeto, sentiu latexar as cóxegas da felicidade: Alí estaba de novo a roda da bicicleta de Martiño que o volvía debuxar con aloumiños.