Branca neves e os sete enanos

Branca de Neve e os sete ananos

Adaptación do texto dos Irmáns Grimm
Iustracións: Ánxeles Ferrer
Ed. Galaxia. Col. Audiocontos, 2009
Pp: 32
ISBN: 978-84-9865-224-6

Adaptación do conto clásico que conta que se cumpriu o desexo da raíña de ter unha filla coa pel branca como a neve, á que lle chamou Branca de Neve. Pero axiña morreu ela e o rei casou de novo. Cando a rapaza se fixo mociña era máis fermosa que a nova raíña, segundo o espello, polo que esta, envexosa, mandouna matar.

Mais o cazador deixouna libre no bosque, traendo o corazón dun xabaril, que a raíña comeu dun bocado… Foi bater Branca a unha casiña no medio da fraga. Todo nela era pequeno, ata a mesa posta, con sete cuncas de caldo e sete boliños de chourizo. Esfameada, comeu todo e despois adormeceu. Apareceron sete ananiños riseiros que viñan de traballar nas minas de ouro.

Cando ela lles contou a súa historia, conmovidos, deixárona quedar a vivir con eles. Ademais, un deles, Mudiño, sentiuse engaiolado pola moza…