As palabras do silencio

As palabras do silencio

Ilustracións: Dani Padrón
Ed. Xerais. Col. Merlín, 2013
Pp: 56
ISBN: 978-84-9914-490-0

Este relato recrea a Noite de San Valentín chinesa, tamén coñecida como Qixi, A Noite dos Sete ou Festival da Pega, paxaro que eu decidín simbolizar na Rula, tan da nosa tradición amorosa. O San Valentín chinés celébrase o sétimo día do mes do calendario lunar que se corresponde co 26 de agosto.

Esa noite os namorados e namoradas contemplan o ceo e falan de amor ao tempo que buscan as estrelas Vega e Altair, que representan os amantes desta antiga lenda da dinastía Han, na que se relata o amor entre a Princesa Tecedora, un ser máxico, e o Home das Vacas, tan só un humilde mortal, así como o seu primeiro contacto no río, o namoro, os atrancos, os enfurecementos, a separación a través da Ponte de Leite, ou Vía Láctea, e finalmente a axuda que unha deusa lles tende para que, unha noite ao ano, poidan encontrarse.