as bolboretas douradas

As bolboretas douradas

Ilustracións: Cruz Lago
Ed. Sotelo Blanco Edicións.
Col.Sotelo Blanco infantil e xuvenil, 38: A máquina de escribir, 1999
112 pp.
ISBN: 978-84-7824-342-6

Narración fantástica estructurada en catorce capítulos, que ten como protagonistas a María Bolboreta, Xan Bolboreta, Lume Bolboreta e a raíña Alendai, todos eles habitantes do mundo fantástico do Prado das Herbas Asubiadoras. Neste prado edénico as bolboretas douradas conviven coas plantas, ás que lles extraen o néctar e coas que teñen unha relación que se rexe por unhas canles moi próximas ás do amor cortés medieval.

Ao longo da obra relátase como un día Xan, Pisco e Lume abandonan o seu xardín fascinados pola fermosura dunha flor, para logo descubrir que se trataba dunha trampa preparada polos Ananos Áureos, que pretendían roubarlles a capa de po áureo que cubría as ás das bolboretas. A historia resólvese felizmente gracias á intervención de Alendai, de María Bolboreta e das “couzas de mandíbula rápida”.