A toupiña cegarata

A toupiña cegarata

Ilustrador: Federico Fernández
Ed. Galaxia. Col. Árbore, 2005
Pax: 192
ISBN: 978-84-8288-789-0

Recorda a toupa Veludiña uns sucesos terribles acontecidos hai tempo, cando, sendo noviña, vivían felices na horta de Paco da Casa Grande ata que este trouxo a Matías, un podengo especialista en atopar toupas. Ela, dotada un olfacto excepcional, era a encargada de vixiar cando chegaba o can e dar a voz de alarma.

A salamántiga Pencada, que presumía de vivir no mundo da luz e, sen embargo, envexaba a pel de veludo e o oído aguzado que tiñan as toupas, ofreceuse a protexelas a cambio de catro ducias de miñocas e o mellor cuarto do tobo. Mais as toupas, receosas dela, non aceptaron. E Matías comezou cos seus destrozos, matando a moitas…