A casiña de chocolate

A casiña de chocolate

Adaptación do texto dos Irmáns Grimm
Iustracións: Antonio Seijas
Ed. Galaxia. Col. Audiocontos, 2011
Pp: 32
ISBN: 978-84-9865-259-8

Á beira dunha fraga inmensa vivía, cos seus dous fillos e máis a súa segunda muller, un leñador moi pobre. O rapaz chamábase Hänsel e a rapaza Gretel…

Hai pouco máis de douscentos anos, aparecía a primeira compilación de contos escritos polos Irmán Grimm. Dende aquela, a súa obra foi traducida a 170 idiomas.

Sen dúbida, cando Jacob e Wilhem Grimm fixaron estes textos para a memoria colectiva (o orixinal de 1812 está considerado Patrimonio da Humanidade) nin sequera poderían soñar que algún día eses contos ían ser, ademais de lidos, escoitados. O cal ten a súa lóxica, por outra banda, pois a base dos mesmos é fortemente oral.

Os contos dos Irmáns Grimm seguen aquí douscentos anos despois. E coa seguridade de que, dentro doutros douscentos, seguirán igualmente.