Ánxela Gracián

Eu pertenzo a ti,
vilar de nove casas
que recendes a pan centeo,
a onte resplandecente e branco.

E pertenzo a ti
que un día albergaches a risa dunha nena
por mor do voo axitado das andoriñas
que, aínda que marchan, sempre regresan.

Benvid@s a Palabras de Pan,
un rincón persoal da escritora
Ánxela Gracián